Thursday 25 de April de 2024

A Asociación do Club de Xubilados do Concello de Lousame celebra a festa de San Xoan con música en directo e sardiñas


Este domingo a Asociación do Club de Xubilados do Concello de Lousame celebrou por adiantado a tradicional festa de San Xoán, nunha xornada na que se puxeron en valor os produtos locais e a música tradicional. O evento tivo lugar no local social de Aldeagrande e organizouse en función de todas as medidas de seguridade sanitaria determinadas polas autoridades sanitarias.

Ao longo da tarde do domingo 20 de xuño as persoas asistentes degustaron sardiñas, mexillóns e churrasco e gozaron da música en directo da EMT Son do Pote e dun dúo musical.